quarta-feira, novembro 21

O asasino de Víctor Jara

Hoxe vin a cara do asasino de Víctor Jara. Lembro os versos de Lluis Llach:

Assassins, assassins de raons, assassins de vides, que mai, que mai no tingueu repòs en cap dels vostres dies i que en la mort us persegueixin les nostres memòries, memòries.

Para iso, en Chile, existe La Funa




E aquí?

terça-feira, maio 1

q fuerte: la oveja negra

dalida

Unha das vantaxes de vivir neste século é poder descubrir que os grandes clásicos da nosa discoteca particular contaron no seu momento con vídeos que fan medrar exponencialmente o seu grao de xenialidade. Un bo exemplo do que digo son os vídeos de Laissez-moi danser, pola súa impresionante coreografía e, sobre todo, por esa maxistral simbiose entre Village People e Parchís que consegue o corpo de baile. Para mostra, dous botóns:




homofobia

domingo, novembro 5

Dillo a Laura



Cando xa todos tiñamos a esperanza de que o "Amo a Laura" pasara a mellor vida, aparece unha enésima versión... E aínda que eu me siga quedando coa de "yo chupo tu almeja" hai que recoñecer que esta última contribúe para unha gran labor social: o paro estudantil do 8 de novembro en defensa do ensino en galego.

Unha suxerencia aos autores: gañaría moito se fose tipo karaoke: coa letriña para que puidesemos cantar todos...

En fin, como parece que un o ten que facer todo deixo por aquí o que entendín que era a letra:

Este oito de novembro
non vai haber aulas.
Os estudantes galegos
imos paralas!

Estudar en galego
éncheme de alegría.
É o noso dereito,
ou non o sabías?

Dillo a Laura!
Que paras o oito de novembro!
Dillo a Laura!
Que defendes o ensino en galego!

É o noso dereito e deber,
porque o galego é lingua de lei!

segunda-feira, setembro 4

I'm here again

Xa estou aquí. Vexo con sorpresa que alguén máis lía este blog, hehe, e que mesmo parecía achalo en falta. Bon, sinto non ter contestado, mais estiven de ferias e non levei o computador: semanas e semanas en Internet, quen o ía dicer.

De todas formas que ninguén se asuste: teño que desfacer as malas antes de poñerme ao día, así que até mañá supoño que non postearei nada interesante.

Pois iso, xa estou aquí. Bicos a quen o lea ;)

segunda-feira, julho 10

Andrey Danilko

Mi ma que cousa tan bonita...

sexta-feira, junho 30

Estrea de QAF

Hoxe estréase, por fin, Queer as folk. A verdade é que estaba algo mosqueado, e bastante decepcionado, con Cuatroº por isto de poñela os venres ás 00.30 (horario no que puñan o porno cando era Canal plus). Obviamente é un horario pésimo tendo en conta que grande parte do seu público potencial non adoita quedar os venres pola noite, e menos no verán, vendo a tele. Mais como me enterei de que cando remate o mundial o pasarán aos martes, despois de Anatomía de Grey, pois xa se me pasou un pouco o enfado e sigo facéndolles publicidade :)

De todas formas, supoño que seguirei fiel á versión orixinal subtitulada que despois de tanto esforzo baixei do emule. Non por unha cuestión purista, nin porque pense que coa dobraxe se perde o 50% da actuación, senón porque me vén moi ben para aprender inglés: sobre todo ese inglés útil que non che ensinan no instituto nen en Home english, como "Do you like rimming?"


sábado, junho 10

I love Billy Wilder


Onte estiven a ver "En bandeja de plata" (tradución sen dúbida curiosa de The fortune cookie) . Foi unha boa oportunidade para reafirmarme no meu amor a Billy Wilder, unha paixón nacida hai anos nunha filmoteca mediterránea. Alén de guións redondos, diálogos impresionantes etc etc, onte quedeime cunha escena antolóxica para a miña particular memoria cinematográfica: o momento no que a ex-muller do protagonista fala con el por teléfono e ao fondo vese tras a cortina a silueta dun home duchándose. Impresionante sutileza.

Mais en fin, para saber en que mundo vivemos é interesante reparar na grella cinematográfica que presentaba onte Cuatroº: En prime time, pelicula super cutre de Jacki Chan, de madrugada, obra mestra de Billy Wilder. O peor é que se supón que a primeira ten máis audiencia que a segunda, e peor aínda é que seguramente é certo. Se isto fose pouco, no medio da peli botaban estes anuncios super cutres, longos e repetitivos típicos da madrugada. Tipo sauna belt ou colchón inchable punchinpun. Que con imaxes e guión de tres minutos fan un anuncio de quince a base de repetir o mesmo unha e outra vez, que para a canción do verán está ben, pero para un anuncio...

En fin, que teño ganas de protestar e protesto.